|
This stage preview is available in the following languages: (We are looking for translations in ALL other languages. Please submit your translation with the stage no. and language in the subject title.) Etapa 20 previa: San Martín de Valdeiglesias → Bola del Mundo, 172 km (Montaña)Tal como a organización pretendía, a Vuelta deste ano decidiráse na etapa 20, a etapa de montaña final con outro final en alto moi duro. A etapa 20 comeza en San Martín de Valdeiglesias, unha pequena cidade ó oeste de Madrid na base da meseta central. O pelotón encamiñarase dirección norte subindo hacia a zona coñecida como Serra de Guadarrama que divide a Meseta Central e as terras chas desta rexión. Teremos un porto de 3ª categoría, dous de 1ª e unha subida final de categoría especial o que significa que esta etapa ten a mesma estructura de cumios puntuables ca etapa 16. Non estou seguro de quen denominou á etapa 16 como a etapa Raiña porque esta etapa ten o necesario para seres denominada así e quizáis incluso máis, xa que é a última etapa de montaña no penúltimo día de carreira. Así que vamos chamala a 2ª etapa Raiña. O porto de Navacerrada de 1ª categoría subirase duas veces, unha pola vertente norte e posteriormente polo lado sur, máis longo (ve-los perfiles debaixo). Despois da segunda subida ó Porto de Navacerrada, o percorrido continúa subindo hacia unha antena de comunicacións e estación metereolóxica para afrontar os últimos tres kilómetros da etapa, unha subida denominada Bola del Mundo. Estes tres últimos kilómetros teñen unha media do 12,5 %. A carreteira é estreita, con pendentes de ata o 22 % e en moi malas condicións e non está aberta ó público en xeral. A Bola del Mundo non fora empregada nunca na Vuelta e é comparada con outra subida famosa da Vuelta, o Angliru, e coa subida ó Monte Zoncolan do Giro de Italia. Nunha etapa como esta unha diferencia de 38s 50s non parece moito, especialmente se temos en conta os 20s de bonificación por gaña-la etapa. Esta é a misión de Ezequiel Mosquera (esquerda) que tratará de desbancar ó lider Vincenzo Nibali (dereita). —
— Steve/ Nicolas Morales
‘Bola del Mundo’ latest Vuelta extreme attraction — velonews
Ascensións da etapa 20
|
( 2010 Edition) |